BASES LEGALES:

CONCURSO «Xanela leva o Xanela Fest ó teu concello»

1. ENTIDADE ORGANIZADORA

A entidade organizadora do presente concurso é XANELA, con CIF B-01885383 e domicilio social no Polígono Os Acivros, parcela 23, 27519, Chantada (Lugo).

2. OBXECTO DO CONCURSO

O concurso ten como finalidade promover a participación cidadá mediante a elección da Asociación de Veciños que acollerá a celebración do Xanela Fest.

3. ÁMBITO TERRITORIAL E DE PARTICIPACIÓN

A participación está limitada a persoas maiores de idade e residentes en Galicia. Poderán presentar a súa candidatura as asociacións de veciños pertencentes aos concellos de Galicia que cumpran os requisitos establecidos pola organización.

4. DURACIÓN

O proceso de selección desenvolverase nas seguintes fases:

  • Do 1 ao 15 de xullo de 2026: prazo de inscrición das asociacións de veciños por concello.
  • Do 16 de xullo ao 31 de agosto de 2026: período de votación para elixir o concello que albergará o Xanela Fest.
  • Do 7 ao 13 de setembro de 2026: período de votación final para elixir a asociación de veciños anfitrioa dentro do concello gañador.
  • 16 de setembro: anuncio do gañador.

5. MECÁNICA DE PARTICIPACIÓN

Fase 1: Inscrición das asociacións

As asociacións de veciños interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través das canles habilitadas por Xanela dentro do prazo establecido.

Fase 2: Votación por concellos

As persoas participantes deberán:

  • Acceder á páxina web oficial do concurso: https://xanelafest.es/
  • Cubrir o formulario habilitado cos datos solicitados.
  • Emitir o seu voto polo concello da súa elección entre aqueles que conten con asociacións inscritas.

Cada participante poderá emitir un único voto durante esta fase.

Fase 3: Votación final por asociacións

Unha vez determinado o concello gañador, abrirase unha segunda votación na que as persoas participantes poderán elixir unha das asociacións de veciños inscritas dentro do dito concello.

Cada participante poderá emitir un único voto durante esta fase.

6. PREMIO

A asociación de veciños que resulte gañadora na votación final será a anfitrioa e a encargada de acoller e organizar o Xanela Fest no seu ámbito territorial. Xanela asumirá exclusivamente a contratación e coordinación da actuación musical e dos servizos técnicos de iluminación asociados ao evento.

A asociación gañadora será responsable da obtención dos permisos e autorizacións necesarios, así como da organización xeral do recinto, da seguridade, dos servizos complementarios, da loxística, das infraestruturas e de calquera outro aspecto necesario para a correcta celebración do festival.

Xanela resérvase o dereito de revisar as condicións organizativas propostas pola asociación gañadora e de solicitar as medidas que considere necesarias para garantir a seguridade e a viabilidade do evento.

No caso de que a asociación gañadora non poida asumir as obrigas requiridas ou non obteña as autorizacións pertinentes, Xanela poderá deixar sen efecto a designación ou adoptar a solución que considere máis axeitada para a celebración do festival.

A participación no concurso implica a aceptación das devanditas responsabilidades por parte da asociación gañadora.

A data definitiva do evento será comunicada pola organización. Non obstante, esta poderá ser modificada por motivos organizativos, técnicos, meteorolóxicos ou de forza maior, sen que iso xere dereito a reclamación ningunha.

7. ELECCIÓN DOS GAÑADORES

A elección realizarase en dúas fases:

  1. Resultará gañador o concello que obteña o maior número de votos válidos durante o mes de agosto.
  2. Entre as asociacións inscritas do concello gañador, resultará elixida aquela que obteña o maior número de votos válidos durante o período de votación final.

8. COMUNICACIÓN DOS RESULTADOS

O concello con máis votos será anunciado a comezos de setembro de 2026 a través das canles oficiais de Xanela.

A asociación de veciños gañadora do dito concello será anunciada tras a finalización da segunda fase de votación, mediante a páxina web e as redes sociais oficiais de Xanela.

9. TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

Os datos persoais facilitados polas persoas participantes serán almacenados nun ficheiro baixo a responsabilidade de Xanela e serán utilizados exclusivamente para a xestión do concurso e das actividades relacionadas co mesmo.

En ningún caso os devanditos datos serán cedidos a terceiros sen o consentimento expreso das persoas participantes, agás por obriga legal.

Os datos serán tratados conforme á normativa vixente en materia de protección de datos persoais.

As persoas participantes poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade mediante solicitude escrita dirixida a Xanela.

10. ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación no concurso implica a aceptación íntegra das presentes bases legais.

Xanela resérvase o dereito de modificar as condicións do concurso, suspendelo ou cancelalo por causa xustificada, comprometéndose a comunicar calquera cambio a través das súas canles oficiais.

XanelaFest - Unha orquestra de balde no teu concello
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.